top of page

Sementando esperanza 

Texto redactado por Guillermo Gil, coa entrega de dúas bolsas con trípticos e material para realizar a práctica:

 

Con esta actividade pretendemos acercar a natureza aos rapaces e rapazas que viven no entorno urbano da Coruña. O proceso de xerminación dunha semente coma a do carballo é espectacular... Ábrese nas súas dúas metades,os cotiledóns, e a plantiña contida no seu interior inicia o seu camiño: cara a terra a radícula e cara o ceo a plúmula. É o misterio da vida, á vista de quen queira e saiba aprecialo, non na pantalla dun móbil ou tablet, senón no mundo real.


No tríptico que os achegamos tedes fotos da súa coloración outonal.
As instrucións vos axudarán a realizar correctamente o proceso de sementeira.


Esta especie non é autóctona, pero pode perfectamente ter o seu lugar no noso entorno. Iso si, é importante que non se plante nun medio onde poda competir cos carballos autóctonos galegos, pois ao ter un crecemento máis rápido ca eles, co paso dos anos pode acabar desprazándoos. Neste caso se comportaría como unha ESPECIE INVASORA. Somos nos quenes temos que xestionar correctamente o noso entorno, a nosa paisaxe, que é patrimonio de todos.


As fincas que herdamos dos nosos avós temos que “poñelas a andar”, non poden estar abandonadas e ardendo cada poucos anos, nin plantadas de calquera cousa... Eucaliptos onde se poda, carballo americano onde se poda, carballo do país e castiñeiro, onde se deba poñer, pois ben xestionados tamén son fonte de riqueza.

 

 

 


“Mentres ti descansas a terra traballa” dicían os nosos avós mirando para os seus montes ben plantados e ordenados.
E como dicía o vello das noces, xa dirán de nos “Bendito sexa quen o plantou”... Pero tampouco e bo fialo tan a largo prazo. Os montes poden dar diñeiro a corto prazo, claro que si. Pero hai que coidalos. O que algo quere algo lle costa...

​

​

Actividade organizada no CEE María Mariño para celebrar o Día da Paz e compartida con IES Menéndez Pidal.

Screenshot_20210131-151332_Drive.jpg
20210129_160032.jpg
20210201_152546.jpg
bottom of page