Composicións cósmicas
O Cosmos como fonte de inspiración
-
A partir de imaxes do cosmos, cedidas pola Asociación Astronómica Cpruñesa ÍO, alumnado de Zalaeta creou, no aula de música, composicións orixinais utilizando sintetizadores e empregando sons longos, texturas cambiantese timbres suxerentes.
-
As ideas/ sensacións que describiron con sons foron:
- inmensidade
- quietude
- vacío
- contrastes de luz e escuridade
Difusión desta exposición sonora
-
As imaxes do cosmos foron expostas en paneis con códigos QR que permitían ao público escoitar co móbil cada composición asociada a cada imaxe.
-
O Día da Ciencia na Rúa esta exposición formou parte da jaima do IES Zalaeta- CEE Aspronaga- CEE María Mariño.
-
O alumnado de Bacharelato explicou as imaxes cósmicas "sonoras" a moitos grupos de visitantes que se achegaron ata alí
A difusión: exposición itinerante
-
Barallamos a posibilidade de que o alumnado dos distintos centros poidera asistir ao noso centro para esocitar en directo estas pezas musicais,pero por desgracias, esta opción quedou descartada, por eso usamos as redes sociais e plataformas dixitais para compartir o noso traballo e lograr unha unión, aínda que este curso sexa virtual.
-
Compartimos esta exposición cósmica sonora cos CEE participantes a través da lista de SoundCloud para que todos e todas participasen desta experiencia e así implicar a todo o alumnado, apoiándonos neste proceso de aprendizaxe mutuo.