Imaxinamos personas traballando xuntas
Quen somos
A Asociación cultural Zalaeta (con sede no instituto público Ramón Menéndez Pidal de A Coruña) en colaboración cós CEE Nª Sra de Lourdes (Aspronaga), CEE María Mariño, CEE Elviña (ASPANAES), Agrupación astronómica ÍO e ONCE.
Docentes de centros diferentes traballando con alumnado adolescente compartindo experiencias, colaborando, visibilizando realidades, integrando e aprendendo.
Tecnoloxías
Colaboramos entre entidades na selección, deseño e impresión de obxectos que resolvan problemas a persoas con necesidades especiais (como problemas de visión). Xogamos con son e tecnoloxía en proxectos comúns.
Creamos elementos accesibles (mapas táctiles, apps, carteis, vídeos, xardíns ) para que calquera colectivo poida compartir elementos da nosa cultura. Compartimos publicamente os nosos deseños, en bancos de recursos en exposicións, eventos...
Música e sons
Achegamos a música a mozos e mozas con diversidade funcional, en concertos desde a aula de música e mediante a interpretación de temas musicais (empregando recursos tic para que poida participar alumnado de Zalaeta e dos CEE ) con posterior exhibición e difusión do traballo realizado.
Empregamos a tecnoloxía para crear, editar e compartir a nosa música e para realizar materiais didácticos adaptados que faciliten a lectura e comprensión das partituras.
Proxecto
Có obxectivo de normalizar a convivencia e integración social dos mozos e mozas con diversidade funcional, a Asociación Cultural Zalaeta, promove este proxecto con dúas partes diferenciadas pero que interactúan:
-
"Deseño " e "Son"
Proxecto de colaboración creativa entre grupos diversos , coordinados polos docentes e abertos a toda a comunidade con actividades de integración, de visibilización e de divulgación.
Xardinería e Viveirismo
Colaboramos con CEE MªMariño no deseño de xardín e hortos no IES Menéndez Pidal, asesorados polo grupo de alumnado e docentes do PFFPB.
Intercambiamos material vexetal a fin de enriquecer ambas coleccións botánicas, o alumnado de ambos centros practican xuntos-as... intentando reducir a fenda campo-cidade, recuperar coñecementos de xestión agraria tradicional do entorno, con todo o seu contido cultural, etnográfico, social, e ecolóxico. Como mostra de ecoloxía nun entorno urbán .Elaboramos materiais didácticos para compartir e divulgar (titoriais, xogos, etc)
Astronomía
Agrupación Astronómica coruñesa ÍO participa nesta edición cun contido cultural e científico motivador para a creación de novos materiais accesibles.
Observacións astronómicas, obradoiros, exposicións e asesoría na creación de novos materiais entre outras actividades que compartiremos para facer a ciencia mais inclusiva, rica e diversa.
Elaboramos materiais didácticos para compartir e divulgar (mapa do ceo, composicións musicais, etc)