Selección e proposta de axudas

Proposto o tema de axudar a persoas con algunha necesidade específica (nen@s ou adultos con algún tipo de limitación) Investigamos que axudas estaban xa deseñadas e disponibles, por exemplo:

  • en catálogos Tiflotécnicos (da ONCE por exemplo)

  • e en repositorios de pezas imprimibles (como Thingiverse entre outros).

Fixemos unha selección das pezas que nos resultaban mais interesantes e iniciamos o redeseño de pezas que considerabamos podían ser melloradas.

Xurdiron novas propostas tamén.

Compartimos ideas e experiencias có grupo de La Clase Roja de CEE NSra de Lourdes que en cursos pasados nos visitaron e explicaron os seus traballos. 

No curso 20-21 ás comunicacións son a través de vídeos, fotos e videoconferencias.

Iniciamos novos deseños baseados nos comentarios dos nosos primeiros deseños e en propostas que vamos recibindo.

Nesta edición seguimos a colaborar coa ONCE e usuarios-as e ademais a Clase Roja con AGAELA (Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica) e en Zalaeta deseñamos axudas para a situación de pandemia.

Creamos prototipos dalgunhas das nosas ideas, outras as redeseñamos para convertilas a formatos imprimibles.

Compartimos os deseños finais  en bancos de recursos libres e accesibles (cartafois en drive ou en Thingiverse)

Panel de obxectos de axuda creado polo grupo de CEE NSra de Lourdes 

panel de ayudas lourdes_zalaeta.jpg

Axudas para protocolos COVID

Tras a colaboración durnate o ano 2020 con Coronavirus Makers na impresión de pantallas e de salvaorellas nos pareceu quepodíamos aportar novos deseños de utilidade para a situación que estamos a vivir.

Para a situación de pandemia en Zalaeta deseñamos obxectos que son axudas para cumplir os protocolos COVID  no entorno mais próximo:

  • salvaorellas para facilitar o uso das máscaras,

  • bases para teléfonos ou tabletas para as reunións telemáticas (ou para o tempo de lecer),

  • soportes para mamparas (que temos nas aulas e cedemos para que noutros centros impriman).

axudas covid p.jpg