Colaboración ONCE
Tras presentar os nosos primeiros deseños de obxectos imprimibles de axuda para personas cegas iniciamos unha colaboración con especialistas da ONCE.
No curso 19-20 anterior asistimos a un obradoiro de formación na súa sede de A Coruña e afondamos en propostas que nos fixeron. Ese ano os protocolos non o permiten, pero mantemos contacto e temos asesoría directa.
Presentaremos ás especialistas os novos deseños impresos para a súa valoración e mellora, para despois darlles difusión e que cheguen a quen os poida aproveitar.
Obradoiro de Formación
O 6 de marzo 2020 o grupo de alumnado participante no deseño de obxectos imprimibles coñeceu de cerca como sinte unha persona invidente (con gafas que distorsionaban) ante unha revista, ou paseando, foron iniciados en como ser guías e viron materias didácticos para tocar e aprender braille.
Planos táctiles para invidentes
Intentamos resolver necesidades das personas con deficiencias visuais e á proposta da ONCE. Queremos facilitar o acceso as instalacións dos colexios de A Coruña a nenos e nenas con deficiencias visuais. Reproducimos os interiores (simplificados) dos seus colexios en relevo en formatos imprimibles en 3d.
Información técnica: Partindo dunha imaxe básica (que parte do plano pero moito mais simplificada) creamos unha imaxe de polígono en formato svg que despois podemos abrir en Freecad para convertir en volumes á semellanza do espazo orixinal.
Alumado de 3º de ESO de IES Zalaeta preparou os planos adaptados para imprimir durante o confinamento. En octubre, con moita ilusión, por fin Celia e Andrea puideron facer a entrega dos planos táctiles resultantes ás especialistas da ONCE. En decembro de 2020 foron premiadas no concurso da Galiciencia polo seu traballo. Como premio participan en 2021 na feira Zientzia Azoka de Bilbao presentando o seu proxecto.
Nesta edición houbo novas entregas á ONCE de lotes de fichas Braille-Tinta e mapas táctiles para entregar nos centros educativos.
Recibimos valoracións moi positivas destes traballos (mensaxes e vídeos de agradecimento) que nos animan a seguir creando materiais (nestes tempos complicados de restriccións, máscaras e distancias) a mais bonita é este vídeo de Guille (usuario ONCE dun colexio de A Coruña).
O grupo de Clase Roja de CEE NªSra de Lourdes segue a crear mapas e elementos xeográficos táctiles con fines didácticos . (ver no apartado Clase roja e repositorio)
Na presentación de "Garden Makers-Facedores-as de xardíns"no "Día da Ciencia na rúa - da Rúa ao teatro" 8 de maio, no Teatro Colón de A Coruña fixemos entrega dunha das impresións táctiles do seu mapa de butacas (deseñado hai un par de anos e reeditado agora en tamaño, texturas e cores).
Abecedario con Braillle
Proposta iniciada desde a Once , que foi evolucionando ata chegar as fichas impresas que foron entregadas para valoración e proba ás especialistas da ONCE e a os seus usuarios.
Tamén tivemos a colaboración de Lucía da Clase Roja que nos fixo comentarios de mellora e de Felo, o seu profe especialista de CEE Lourdes. Presentan este proxecto Martina, Sara e Hugo de Zalatecno.
Recibimos comentarios moi positivos de especialistas e vídeos de usuarios ONCE de Coruña (Guille e Emily)
Os arquivos para imprimir este deseño se poden descargar da conta de Zalatecno en Thingiverse ou desde drive nesta ligazón.
Identificadores de ceras
Proposta iniciada desde a Once , unha das especialista nos comentou como cando pintan con cores os nenos-as cegos-as teñen problemas para identificalas se quedan na mesa.
Para ao alumnado de Zalaeta foi unha oportunidade mais para buscar solucións.
Iria e Carlos de 3º de ESO crearon identificadores táctiles (15 modelos diferentes) que completamos con caixas de de 5 e de 10 pezas.
Os modelos de proba foron validados na ONCE novamente recibimos comentarios moi positivos de especialistas e vídeos de usuarios ONCE de Coruña (Guille e Emily)
Os arquivos para imprimir este deseño se poden descargar da conta de Zalatecno en Thingiverse.