top of page
Garden Makers no Teatro Colón

Para o XXV Día da Ciencia na Rúa "Da rúa ao Teatro" presentamos una colaboración de IES Zalaeta e CEE María Mariño, mostrando o traballo dos Garden makers...ou facedores-as de xardíns.

 

Participamos con outros 17 centros educativos na presentación de proxectos no teatro para que aínda que non se poidera facer a celebración na rúa, (tal e como se fixo nas 24 edicións anteriores), non pasase outro ano sen celebrar, coa esperanza de que en 2022 volvamos ao de sempre, a compartir un día rodeados de xente que quere aprender e compartir.

 

Intentamos mostrar en 15 minutos de intervención no escenario:  cómo os Facedores-as de xardíns e  makers fan solos, esgallos e enxertos. Acompañados de plantas na escena e cun vídeo de fondo con imaxes das actividades de xardinería e viveirismo nos dous centros durante este curso. No vídeo música composta por un alumno (Mario Lage de 1º de Bac de Zalaeta) e interpretada por Isabel de la Puente.

(Mais abaixo vídeo da nosa intervención)   Pinchar nas imaxes para velas completas

Previa á participación ensaiamos en Zalaeta alumnado e docentes dos dous centros. Con estudo, probas, montaxe de música e vídeo, modificación dos guións...compartimos tempo e actividade.

Corte da presentación en escena no Teatro Colón

Se poden ver todas as exposicións desa xornada no parque virtual de Emalcsa accedendo a través da ligazón https://www.emalcsavirtual.es/ ou en vídeo na canle de Vimeo do Concello de A Coruña.

emalcsa virtual.png
Vídeo con música propia e imaxes das prácticas de xardinería .

Como fondo da presentación se proxectou un vídeo editado por Tatiana Carro de 1º de Bac en Tics con imaxes das actividades de Xardinería en Zalaeta e en CEE MªMariño.

A banda sonora do video está composta por Mario Lage de 1º de Bac e interpretada por Isabel de la Puente, profesora de música.

bottom of page