Prácticas de Xardinería e viveirismo

Inicialmente os protocolos non permitían as visitas físicas aos centros educativos, polo que tivemos que compartir titoriais e vídeos para ver como tratar as plantas e os xardíns en Zalaeta. O docente Guillermo Gil e os eu grupo do CEE María Mariño nos documentaban e Antonio Frade e Andrés Vázquez traballaban na horta de Zalaeta.

No mes de abril mellorou a situación epidemiolóxica e empezaron as visitas, se formaron grupos de colaboración e poidemos plantar as maceiras e os fieitos arborescentes no xardín interior do IES Menéndez Pidal.

Grupos de alumnado de 1º de ESO de Ciencias Naturais e de 1º de Bac de Tecnoloxía recibiron formación de Guillermo Gil, enxeñeiro de montes, docente en CEE María Mariño e practicaron e compartiron experiencias có grupo de PFFPB de Xardinería e viveirismo nos traballos nos espazos verdes de Zalaeta nos meses de maio e abril.

No vídeo imaxes das actividades nos dous centros. Vídeo creado por Tatiana Carro de 1º de Bac para poñer como fondo na presentación no Teatro Colón no Día da Ciencia na Rúa, con música composta por outro alumno, Mario Lage.

17897503945974854.jpg
Cronograma.png