Mapa do Ceo e constelacións táctiles
Desde a asignatura de Tecnoloxía de 3º de ESO e como actividade do Cñlub de Ciencia e Tecnoloxía, un grupo de alumnos-as recibiron formación na sede de a Fundación ONCE e participaron no Obradoiro de Planisferios. Con esta formación deciden crear obxectos de astronomía adaptados para persoas con discapacidade visual.
Empezamos investigando deseños publicados en bancos libres, imprimimos algúns para probalos como as Fases da Lúa e as bolas de Constelacións ).
Os primeiras probas con deseños propios foron as Medallas de constelacións.
Os colaboradoes de Agrupación astronómica ÍO nos simplificaron o Mapa do Ceo para facelo mais accesible e iniciamos o deseño das medallas das constelacións que nos seleccionaron.
Posteriormente partimos o Mapa do Ceo en 16 partes e deseñamos as 16 pezas imprimibles para montar un planisferio táctil simplificado correspondente á nosa zona do planeta.
O resultado é un traballo colaborativo que compartimos en eventos de divulgación, en bancos de recursos e que facemos chegar a usuari@s de ONCE da nosa cidade (e que viaxará a outros destinos).
En ambas propostas se busca que os deseños, a tecnoloxía como ferramenta , axuden a acceder á Astronomía e a incluir na cultura científica a personas diversas.
As propostas foron presentadas en diferentes eventos: no Día da Ciencia na Rúa (organizada polos Museos científicos coruñeses, na Xornada de exhibición de Polos creativos na Cidade da Cultura (organizada pola Consellería de Educación) en Maker Faire Galicia en 2022 e seleccionadas para participar na final de Ciencia en Acción en Viladecáns en octubre de 2022..
Especialistas e persoas usuarias de ONCE nos deron os parabéns.
.
Vídeo resumo do Día da Ciencia na Rúa 22, con primeiros planos do noso Mapa do Ceo.