Previo a Deseño e Son
Inicio con Diversidad Impresa
O acceso das personas xordocegas a determinados úteis ou ferramentas específicas é, en moitos casos difícil, difícil (prezos elevados, tendas especializadas, …) ou imposible (non é rentable fabricalos para un sector tan pequeno da sociedade).
O proxecto Diversidad impresa pretende, como obxetivo principal, crear un banco de modelos 3D imprimibles baixo licenza CC que poidan ser usados por persoas con xordocegueira (ou outras discapacidades) e tamén sensibilizar á sociedade nas necesidades específicas que supón padecer unha discapacidade.
Con este proxecto profesores e alumnos, en contacto coa comisión de xuventude de FASOCIDE, modelamos úteis cotiáns para persoas xordocegas, preparados para imprimir e utilizar.
Paz Freire e Felo Couto de Zalaeta e Aspronaga respectivamente participamos có noso alumnado neste proxecto tan interesante. Desta colaboración xurdiu a idea do proxecto Deseño e Son.