Obxectivo:

A  fin de normalizar a convivencia e integración social dos mozos e mozas con diversidade funcional, a Asociación Cultural Zalaeta, promove este proxecto con dúas partes:

  • "Sons" coordina Isabel de la Puente, do Dpto. de Música do IES Menéndez Pidal, o proxecto de interpretación musical inclusiva a desenvolver en colaboración cós centros de educación especial.

  • "Deseño" coordina Paz Freire do Dpto de Tecnoloxía os proxectos de Deseño e Impresión 3D de obxectos de axuda,  de Creación de apps. Participa activamente o Club de Ciencia e Tecnoloxía Zalatecno e colabora cós centros de educación especial CEE Nª Sra de Lourdes (Aspronaga), CEE María Mariño e coa Fundación ONCE.

  • Na parte de Deseño (deseño de espazos naturais con manexo de materiais vexetais) o apartado de Viveirismo, coordinado por Antonio Frade, vicepresidente na Asociación Cultural Zalaeta, coordinador do horto Paideia, e por Guillermo Gil Docampo, docente especialista no ciclo de FP de Viveirismo e Paisaxismo de CEE María Mariño.

Implicamos a toda a comunidade educativa e ao noso entorno con actividades de integración, de visualización  e de  divulgación. 

Alumnado de Música e Tecnoloxía, de diferentes cursos de ESO e Bacharelato do grupo de Zalaeta, elaborarán materiais coas súas profesoras aproveitando as aprendizaxes de aula e completándoas con actividades fora da aula.

Os centros colaboradores participan nas actividades en diferentes grados segundo a dispoñibilidade de especialistas e as necesidades e formación dos seus usuarios.

Os protocolos COVID condicionan as actividades a desenvolver na edición 2021, limitando os intercambios presenciais. Sen embargo os materiais e actividades se comparten con grupos interesados de educadores e usuarios  a través de plataformas específicas , das redes sociais, da nosa canle en Youtube e de eventos de online (como Galiciencia, Maker Faire, etc).

logo_desenoeSon21.png
Tree
Apples