Obradoiro de esgallos e enxertos 

En Zalaeta en abril tivemos a oportunidade de comprobar de primeira man como crear novas e mellores árbores coas técnicas de esgallo e enxertado, ou sexa os  "makers vexetais" que permiten deseñar solucións adaptadas a todo tipo de solos e condicións ambientais. Son procedmentos tradicionais e moi de actualidade.

Grupos de alumnado de 1º de ESO de Ciencias Naturais e de 1º de Bac de Tecnoloxía recibiron formación de Guillermo Gil, enxeñeiro de montes, docente en CEE María Mariño e practicarán compartindo experiencias có grupo de PFFPB de Xardinería e viveirismo nos traballos nos espazos verdes de Zalaeta nos meses de maio e abril.

enxerto-remove.png