top of page

Imaxinamos personas traballando xuntas

Quen somos

A Asociación cultural Zalaeta con sede no instituto público Ramón Menéndez Pidal de A Coruña propón a reedición deste proxecto de colaboración do colexio de educación especial Nosa Sra de Lourdes (Aspronaga) coa participación do CEE Elviña (Aspanaes) e axuda da ONCE.

 

Profesores de centros diferentes  traballando con alumnado adolescente  compartindo experiencias, colaborando,  visibilizando realidades, integrando e aprendendo.

Toda a comunidade educativa e membros da Asociación  se implican  nesta proposta.

Proxecto

A  fin de normalizar a convivencia e integración social dos mozos e mozas con diversidade funcional, a Asociación Cultural Zalaeta, promove este proxecto con dúas partes:

  •  “Unindo Son" ou Son que une.

  • “Deseño e aprendo”, aprendemos de todo e  entre tod@s.

Proxecto de colaboración creativa entre grupos de  alumnado diversos , coordinados polo  seu profesorado e abertos a toda a comunidade con actividades de integración e de  divulgación.

Tecnoloxías 

Colaboramos na selección,  deseño e impresión de obxectos  que resolvan problemas cotiáns a persoas con necesidades concretas (como os problemas de visión)  coa creación dun banco de recursos  público.

Xogamos con sons e con tecnoloxía en proxectos compartidos.   

Creamos elementos (mapas táctiles, apps) para que calquera colectivo poida coñecer   elementos da nosa cultura.   Apps explicativas e accesibles da nosa cidade

Creamos Apps musicais e de axuda que serven para facilitar a comunicación atendendo ás necesidades.

Música e sons

Achegamos a música a mozos e mozas con diversidade funcional, en concertos informais no aula de música e mediante a interpretación conxunta de temas musicais  (onde a plantilla de músicos está formada por alumnado de bacharelato e alumnado do CEE ) con posterior exhibición e difusión conxunta do traballo realizado.

Empregamos a  tecnoloxía para crear e editar a nosa música e para realizar materiais didácticos adaptados que faciliten a lectura e comprensión das partituras.

bottom of page