Apps de axuda á comunicación
Alumnado de 2º de Bach do IES de Zalaeta, atendendo ás necesidades demandadas (por Aspanaes) elaborou as APPs de axuda coa súa profesora de TICs Paz Freire.
Para as Apps empremos os pictogramas de Arasaac (Portal Aragonés de la Comunicación Aumentativa y Alternativa) e App Inventor (editor de APPs del MIT) e moitas teñen versión en galego e en castelán.
​
Os profesionais de Aspanaes déronnos pautas sobre tipografía, distancias entre imaxes, audio, etc para facelas apps prácticas.
​
As Apps para facilitar a comunicación no entorno cotián da escola en CEE Elviña son o primeiro grupo: App Descanso, App Tele e App Cafetería
Escanear para descargar o cartafol de apps completo.
Permite escoller o que se quere facer na cafetería. Pulsando nos pictogramas escoitamos a locución e abre outra pantalla para facer escolla de comida e bebida. Cada botón repite a nome do que representa.
O menú se corresponde coa escolla disponible na cafetería.
App Cafetería
Oferta ás posibles accións para o tempo de descanso mediante pictogramas e locucións. Cada imaxe é un botón que leva a outra pantalla coa oferta dese bloque: lectura, música, televisión ou xogos.
O menú se corresponde coa oferta para o tempo de descanso.
App Descanso
Para facilitar a escolla de canles de televisión ou as películas a ver. Permite acceder aos trailers oficiais de cada unha das películas pulsando nas carátulas.
O catálogo das películas se corresponde coas mais demandadas na escola, igual que as canles de televisión.
App Televisión
App Televisión
As Apps para mellorar á fala son unha petición do equipo de logopedia do CEE Elviña. Estas apps pretenden favorecer que a persona usuaria se esforce en mellorar a vocalización.
Hai tres modelos: App Falar Oír, App Caras e App Repetidor
A primeira pantalla permite escoller voz de neno ou nena, na segunda premendo na cara repite o que diga a persona usuaria, pódese escoitar mais dunha vez.
App Cara
Tamén permite escoller voz de neno ou nena, escoitar mais dunha vez a locución e modificar a velocidad do que escoitamos.
Para volver ainicio hai que axitar o dispositivo.
App Repetidor
Esta App escribe o que decimos e despois permite escoitalo (ás veces que se queira) variando (se se quere) a velocidade e/ou o tono da locución.
App Falar Oír
Outro grupo de Apps variadas son suxestións do alumnado que as deseñou: App de Axuda na casa, App de Emocións e a App de Tempo.
Pretende axudar no entorno da casa, oferta unha primeira pantalla con opcións, cada pictograma é un botón cunha locución que leva a outra pantalla cun exemplo do que se fai nese entorno, por exemplo ir ao Baño-Para Ducharme.
App Axuda na Casa
É unha App sinxela que axuda a identificar o tempo atmosférico, premendo no pictograma se escoitan as locucións.
App que axuda a identificar emocións no rostro, cada car é un botón con locución dunha emoción.
Disponible en castelán e galego.