top of page

Imaxinamos personas

traballando

xuntas

Quen somos

A Asociación cultural Zalaeta con sede no instituto público Ramón Menéndez Pidal de A Coruña propón a reedición deste proxecto coa colaboración do colexio de educación especial Nosa Sra de Lourdes (Aspronaga).

 

Profesores de centros diferentes  traballando con alumnado adolescente  compartindo experiencias, visibilizando realidades, integrando e aprendendo.

​

Toda a comunidade educativa e membros da Asociación  se implican  nesta proposta

Proxecto

A  fin de normalizar a convivencia e integración social dos mozos e mozas con diversidade funcional, a Asociación Cultural Zalaeta, promove este proxecto con dúas partes:

  •  “Unindo sons”

  • “Deseño e aprendo”.

Proxecto de colaboración creativa entre grupos de  alumnado con perfís diferentes , coordinados polo profesorado e abertos a toda a comunidade con actividades de integración e de  divulgación.

​

Tecnoloxías 

Colaboramos na selección,  deseño e impresión de obxectos  que resolvan problemas cotiáns a persoas con necesidades concretas (como os problemas de visión)  coa creación dun banco de recursos .

​

Deseñamos  APPs : Apps con xogos musicais,  Apps explicativas e accesibles   da cidade de A Coruña, para que calquera colectivo poida coñecer   elementos da nosa cultura.

​

Xogamos con sons e tecnoloxía nalgúns dos proxectos compartidos. 

Música e sons

Participamos na creación e práctica interpretativa de temas musicais (en cada centro)  con posterior exhibición e difusión conxunta do traballo realizado (ambos centros) onde quedará patente que a sensibilidade e creatividade non teñen límites .

​

Empregamos a  tecnoloxía para crear e editar a nosa música.

bottom of page