top of page

Participantes

logo_desenoeSon19-2carne.png
Asociación cutural Zalaeta

Asociación sen ánimo de lucro residente no IES Ramón Menéndez Pidal.

Forman a asociación membros da comunidade educativa ademais de exprofesores exalumnos-as e familias.

Dª Estrella Pérez Freire é a presidenta.

​

Realizamos actividades de Teatro clásico (Grupo Noite Bohemia) , deportivas  de medioambiente,  tecnoloxía e música entre outras moitas.
​

IES Ramón Menéndez Pidal

Instituto público de Educación Secundaria e Bacharelato con Ciclos formativos da familia de Comercio. Situado no barrio de Zalaeta, en Montealto, preto de María Pita a Torre de Hércules e a Praia do Orzán .

Apostamos por unha formación integral e participamos co noso alumnado en todo tipo de actividades enriquecedoreas (proxectos, concursos, intercambios, etc).

​

Paz Freire e Isabel de la Puente dos departamentos de Tecnoloxía e Música son as coordinadoras.

CEE NªSra de Lourdes (Aspronaga)

Centro de Educación Especial de Ntra Sra de Lourdes que busca que a educación que recibe o alumnado non sexa únicamente “escolar” , que ésta afecte a tódolos ámbitos da súa vida (entorno familiar, comunidade, amigos, emprego…)

Como obxectivo “xerar os apoios precisos para facilitar a inclusión social e laboral do alumnado”.

Coordina Felo Couto.

bottom of page