top of page

​A Tecnoloxía  no proxecto

A tecnoloxía é unha potente ferramenta de axuda na nosa sociedade que precisa procesos colaborativos, para recoller información no medio, para  investigar necesidades, para buscar a forma de solucionalas e para poñelas en práctica.

Concienciar á comunidade educativa (familias, docentes e alumnado) da importancia destes procesos (nos que tod@s podemos aportar), e dos problemas que poderíamos resolver xuntos é unha meta a conseguir.

A colaboración entre o centro de  Zalaeta e o CEE NS Lourdes nace  co proxecto  Diversidad impresa, no que ambos centros seguimos participando.  Diversidad impresa é un proxecto co que se pretende axudar e visibilizar á comunidade xordocega, deseñando elementos de axuda imprimibles. Neste proxecto participamos centros educativos, representantes da comunidade xordocega  e expertos na impresión 3D,  aprendendo uns dos outros.

En Deseñando e producindo sons iniciamos un proxecto mais amplo:

  • Colaboramos na selección,  deseño e impresión de obxectos  que resolvan problemas cotiáns a persoas con necesidades concretas  colaborando na creación dun banco de recursos.

  • Deseñamos  APPs explicativas e accesibles   da cidade de A Coruña, para que calquera colectivo poida coñecer   elementos da nosa cultura.

  • Xogamos con sons e tecnoloxía nalgúns dos nosos deseños.

 

Saber máis
Selección e propostas de deseño de obxectos de axuda​ 


Alumnado de 3º de ESo e 1º de Bac participa nesta etapa, buscando información sobre algunhas necesidades de personas con discapacidade, personas maiores, bebés  ou calqueira colectivo que poida necesitar algunha axuda.

Contactamos co grupo de CEE de Lourdes que nos visitou e mostrou a súa propia selección de obxectos de axuda. Compartimos con eles as nosas propostas e logo xurdiron outras mais.

Se investigan solucións xa inventadas e se inician as propostas de deseños propios.

Nesta etapa empregamos os ordenadores e internet (para investigar e para representar) e materiais e ferramentas de construcción sinxelos (tesoiras, coitelas, telas, cartón, etc) para elaborar prototipos dos deseños.

 

​Deseño e impresión 3D

Iniciamos o deseño para impresión 3D dalgunhas das propostas nos grupos de 3º de ESO e 1º e 2º de Bacharelto con Freecad, programa de software libre moi potente que precisa prácticas previas.

Os deseños rematados en Freecad pasan ao programa laminador, empregamos Cura, no que determinamos medidas finais e calidades da impresión.

As impresoras 3D presentan dificultades múltiples, averías, problemas cos materiais, ... obstáculos que compre solventar ata chegar ás impresións finais.

Deseño de Apps e xogos

 

Participan neste apartado varios grupos:

Alumn@s de 2º de ESO, en Tecnoloxía, crean en Scratch ​xogos musicais interactivos  e xogos con información e imaxes orixinais de A Coruña.

Docentes e alumn@s de TIC crean tamén Apps para Android, con App Inventor ,  con informacións de interese  de A Coruña.

bottom of page