top of page

Encontros

Facemos música xuntos

No mes de Febreiro un grupo de alumnos e alumnas do CEE Aspronaga visitaron o aula de música do noso IES Zalaeta. 

​

Probaron instrumentos, escoitaron os nosos ensaios e aprenderon cos nosos alumnos algúns dos temas que estamos a traballar, como é o caso da partitura da banda sonora de "Star Wars".

​

No mes de Abril fomos dende o IES Zalaeta un grupo de alumnos e alumnas ao centro CEE Aspronaga. Vivimos unha marabillosa xornada de convivencia. Ofrecéronnos un concerto moi variado: primeiro algúns alumnos improvisaron sobre bases electrónicas e logo os intérpretes foron uns robots que eles mesmos construiron usando pezas de LEGO. Non hai palabras! 

bottom of page