Obxectivo:

A  fin de normalizar a convivencia e integración social dos mozos e mozas con diversidade funcional, a Asociación Cultural Zalaeta, promove este proxecto con dúas partes:

  • en colaboración coa profesora Isabel de la Puente do  Dpto. de Música do IES Menéndez Pidal, o proxecto conxunto de creación e recreación musical “Unindo sons”.

  • en colaboración coa profesora Paz Freire do Dpto de Tecnoloxía os proxectos de Impresión e deseño 3D de obxectos de axuda e  Creación de apps “Deseño e aprendo”.

Ambos forman un proxecto de colaboración creativa entre un grupo de alumnos do IES Zalaeta e un grupo de alumnos do C.E. E. Ntra Sra de Lourdes - Aspronaga coordinados polo seu profesor Felo Couto.

O proxecto está aberto a toda a comunidade con actividades de integración e de  divulgación.

Pretendemos que este proxecto sexa inicio de máis colaboracións no futuro con esta entidade e con outras coas que vaiamos contactando e compartindo.

Alumnado de Música e Tecnoloxía, de diferentes cursos de ESO e Bacharelato do grupo de Zalaeta, elaborarán materiais coas súas profesoras aproveitando as aprendizaxes de aula e completándoas con actividades fora da aula.

Os materiais e actividades serán compartidos con compañeiros do proxecto do centro de Aspronaga , para posteriormente poder divulgalos a outros grupos interesados de educadores e usuarios (ou outros colectivos).