top of page

Participantes

logo_desenoeSon19revisado.png
Asociación cutural Zalaeta
logo_desenoeSon21.png
logo_desenoeSon22ACT-Fondobl.png

Asociación sen ánimo de lucro residente no IES Ramón Menéndez Pidal.

Forman a asociación membros da comunidade educativa ademais de exprofesores exalumnos-as e familias.

Dª Estrella Pérez Freire é a presidenta.

​

Realizamos actividades de Teatro clásico (Grupo Noite Bohemia) , deportivas  de medioambiente,  tecnoloxía e música entre outras moitas.
​

IES  Menéndez Pidal - Zalaeta

Instituto público de Educación Secundaria e Bacharelato con Ciclos formativos. Situado no barrio de Zalaeta, en Montealto.

Apostamos por unha formación integral e participamos co noso alumnado en todo tipo de actividades enriquecedoreas (proxectos, concursos, intercambios, etc) como o club de ciencia Zalatecno, parte importante neste proxecto.

​

Paz Freire e Isabel de la Puente dos departamentos de Tecnoloxía e Música son as coordinadoras.

CEE NªSra de Lourdes (Aspronaga)

Centro de Educación Especial de Ntra Sra de Lourdes que busca que a educación que recibe o alumnado non sexa únicamente “escolar” , que ésta afecte a tódolos ámbitos da súa vida (entorno familiar, comunidade, amigos, emprego…)

Como obxectivo “xerar os apoios precisos para facilitar a inclusión social e laboral do alumnado”.

Colaboradores en todas as edicións do proxecto na parte de deseño e de música.

Coordina Felo Couto.

CEE Elviña (Aspanaes)
 CEE María Mariño

Centro de Educación Especial público atende a alumnos/as con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a discapacidade  intelectual ata os 21 anos. Como obxectovo o desenvolvemento das capacidades afectivas, cognitivas e sociais de todo o alumnado para conseguir a maior autonomía posible e lograr o seu propio desenvolvemento.

Aportan contido á parte de Viveirismo deste proxecto desde o seu Programa Formativo de Formación Profesional Básica de Xardineiría e Viveirismo. Colaboran cós seus docentes especialistas de música e xardinería (desde 2020). Coordina Guillermo Gil 

Centro de Educación Especial   que pretende mellorar a calidade de vida do alumnado con TEA , promovendo oportunidades e facilitando apoios específicos e especializados para que alumnado e familia poidan desenvolver proxectos de Vida.

Compartimos materiais  elaborados para usuarios TEA no futuro se retomarán as actividades presenciais.

Firma.jpg
fundacion-emalcsa-impulsa-iv-cultura-acc
 ZalaTecno

Club de Ciencia e Tecnoloxía do IES Menéndez Pidal no que participa alumnado de ESO e Bacharelato especialmente implicado directamente nas actividades deste proxecto, entre outras. 

 ONCE

Fundación ONCE ten como obxectivo os programas de integración laboral-formación e emprego para personas con discapacidade, e accesibilidade global, promovendo a creación de entornos, productos e servicios globalmente accesibles.

Compartimos actividades de formación e de deseño de obxectos de axuda.

Agrupación Astronómica ÍO

 Entidade que pretende fomentar a afición, o estudo, a investigación e a divulgación da astronomía e as diversas ciencias afíns, así como a colaboración para divulgar e evitar a contaminación luminosa. 

bottom of page