Imaxinamos personas traballando xuntas
Quen somos
A Asociación cultural Zalaeta (con sede no instituto público Ramón Menéndez Pidal de A Coruña) en colaboración cós CEE Nª Sra de Lourdes (Aspronaga), CEE Elviña (Aspanaes) e coa ONCE.
Profesores de centros diferentes traballando con alumnado adolescente compartindo experiencias, colaborando, visibilizando realidades, integrando e aprendendo.
Toda a comunidade educativa na Asociación cultural se implica nesta proposta, .
Proxecto
Có obxectivo de normalizar a convivencia e integración social dos mozos e mozas con diversidade funcional, a Asociación Cultural Zalaeta, promove este proxecto con dúas partes diferenciadas pero que interactúan:
-
"Deseño " e "Son"
Proxecto de colaboración creativa entre grupos diversos , coordinados polos docentes e abertos a toda a comunidade con actividades de integración, de visibilización e de divulgación.
Tecnoloxías
Colaboramos entre entidades na selección, deseño e impresión de obxectos que resolvan problemas a persoas con necesidades especiais (como os problemas de visión). Compartimos publicamente os nosos deseños, en bancos de recursos en exposicións, eventos...
Xogamos con sons e con tecnoloxía en proxectos compartidos.
Creamos elementos (mapas táctiles, apps, carteis ) accesibles para que calquera colectivo poida compartir elementos da nosa cultura.
Música e sons
Achegamos a música a mozos e mozas con diversidade funcional, en concertos informais no aula de música e mediante a interpretación conxunta de temas musicais (onde a plantilla de músicos está formada por alumnado de bacharelato e alumnado dos CEE ) con posterior exhibición e difusión conxunta do traballo realizado.
Empregamos a tecnoloxía para crear e editar a nosa música e para realizar materiais didácticos adaptados que faciliten a lectura e comprensión das partituras.