Musica en confinamento.
Ensaios individuais
-
Durante os meses de confinamento os alumnos de Música do IES Zalaeta seguiron ensaiando e practicando as cancións mediante tutoriais e partituras animadas que periodicamente enviaban por correo electrónico en formato MP3 e MP4 para a súa revisión e corrección.
​
​
Exemplo de audio de ensaio có alumnado, previo ao confinamento​
Vídeos con pictogramas
-
En paralelo, e conxuntamente cos alumnos e a docente de de TICs de 1º de Bacharelato, elaboramos videos con pictogramas das tres cancións que propoñemos como repertorio e que servirán de apoio visual e cognitivo dos participantes dos CEE asociados no proxecto.
Ensaios conxuntos
-
Barallamos tamén a posibilidade de que os alumnos dos distintos centros celebrasen ensaios telemáticos pero ante a falta de medios e posibilidades de sincronización, quedou descartada.