Participantes
Asociación cutural Zalaeta
Asociación sen ánimo de lucro residente no IES Ramón Menéndez Pidal.
Forman a asociación membros da comunidade educativa ademais de exprofesores exalumnos-as e familias.
Dª Estrella Pérez Freire é a presidenta.
​
Realizamos actividades de Teatro clásico (Grupo Noite Bohemia) , deportivas de medioambiente, tecnoloxía e música entre outras moitas.
​
IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta
Instituto público de Educación Secundaria e Bacharelato con Ciclos formativos da familia de Comercio. Situado no barrio de Zalaeta, en Montealto, preto de María Pita a Torre de Hércules e a Praia do Orzán .
Apostamos por unha formación integral e participamos co noso alumnado en todo tipo de actividades enriquecedoreas (proxectos, concursos, intercambios, etc).
​
Paz Freire e Isabel de la Puente dos departamentos de Tecnoloxía e Música son as coordinadoras.
CEE NªSra de Lourdes (Aspronaga)
Centro de Educación Especial de Ntra Sra de Lourdes que busca que a educación que recibe o alumnado non sexa únicamente “escolar” , que ésta afecte a tódolos ámbitos da súa vida (entorno familiar, comunidade, amigos, emprego…)
Como obxectivo “xerar os apoios precisos para facilitar a inclusión social e laboral do alumnado”.
Colaboradores deste deste proxecto por segundo ano.
Coordinan Felo Couto e Patricia Freire.
CEE Elviña (Aspanaes)
Centro de Educación Especial que pretende mellorar a calidade de vida do alumnado con TEA , promovendo oportunidades e facilitando apoios específicos e especializados para que alumnado e familia poidan desenvolver proxectos de Vida.
ONCE
Fundación ONCE ten como obxectivo os programas de integración laboral-formación e emprego para personas con discapacidade, e accesibilidade global, promovendo a creación de entornos, productos e servicios globalmente accesibles.