Colaboración Coronavirus Makers
Durante as primeiras semanas do confinamento a escaseza de equipos de protección motivou o xurdimento do movemento Coronavirus Maker en toda España, en Galicia mais de 1000 makers puxemos as impresoras a producir.
Houbo colaboracións de deseñadores, impresoras en marcha en contacto cos sanitarios que probaban as pezas. Colaboración de distribuidores para recoller as pezas impresas (que depositabamos nas farmacias) e facelas chegar aos sanitarios e as residencias.
En canto xurdiu o movemento Felo Couto de CEE Lourdes e Paz Freire de Zalaeta nos puxemos en marcha para aportar o noso grao de area. Colaboramos na impresión de pantallas de protección, salvaorellas e abreportas.
Unha das nosas impresoras traballando colaborou con Coronavirus Makers Galicia, imprimindo pantallas de protección e salvaorellas.
As mostras de agradecimento polo traballo realizado foron moitas.