top of page

Inicio do estado de alarma​

 

O repentino cambio na situación  escolar e social  o 13 de marzo obrigou a revisar algunhas das actividades programadas:

​

  • Os ensaios inclusivos que requiren presencia física foron aprazados.
  • Algúns dos eventos ós que queríamos asistir foron cancelados: concertos, feiras como o Día da Ciencia na Rúa...

  • Algúns eventos serán retomados no outono: concerto inclusivo en MJJ, obradoiro inclusivo de electrónica, Feira Galiciencia.​

 

 

As actividades â€‹de IES Menéndez Pidal cambiaron, para convertirse en actividades telemáticas, explicacións e traballos conxuntos ou individuais en plataformas compartidas.

​

Mantivemos a colaboración cós compañeiros de CEE NSra de Lourdes que non pararon as súas actividades, en contacto contínuo  có seu alumnado se reinventaron tamén.​

 

Ademais durante estes meses desde ambos centros temos colaboramos con Coronavirus Makers Galicia coa impresión de elementos de protección (pantallas, salvaorellas e abreportas).

IMG_20200331_091444_934.jpg
IMG_20200330_163343.jpg
20200506_211132.jpg
Actividades de deseño na distancia​ 


Para continuar coas actividades intensificamos o uso do correo, iniciamos sesións de videoconferencias e continuamos cós recursos compartidos en drive.

 

O grupo de 3º de ESO de Tecnoloxía continuou cós deseños de obxectos imprimibles en 3d, e en concreto coas peticións da ONCE. Unha das impresoras na casa permitía ir imprimindo as pezas deseñadas para probalas e intercambiar imaxes e opinións. Os deseños foron de :

  • Fichas braille e soportes

  • Planos táctiles

  • E outros.

 

O grupo de 1º de Bac de TICs continuou coas actividades de pictogramas e completou máis aínda. As valoracións de especialistas nos permitiron evolucionar e mellorar os resultados.

  • HIstorias e guías visuais

  • Apps de instruccións e axuda

  • Clips de vídeo con pictogramas en coordinación coa profesora de música, para colaborar cós ensaios e concertos inclusivos.

​

 

Actividades en CEE NªSra de Lourdes, a distancia e có soporte das videoconferencias, a páxina web do centro e as furgonetas de reparto:

  • Fabricación e montaxe de pantallas de proteccíon para alumnado e familiares,

  • Impresión e reparto de pantallas en outras sedes de Aspronaga

  • Impresión e reparto de abreportas en residencias de ancianos, dentro da iniciativa HopeonDoor.

aprender.png
20200620_131051.jpg

​Actividades de Son
​

As sesións de musicoterapia nos CEE participantes e os ensaios inclusivos no aula de música do IES Zalaeta, previstas e sinaladas para os meses de abril, maio e xuño 2020, quedaron aprazadas para o derradeio trimestre deste ano.

​

Os alumnos de 4º de ESO practicaron o acompañamento instrumental do tema "Algo en tu interior", mentres que un grupo de alumnas do CEE Nuestra Sra. de Lourdes practicaban a parte vocal a dúas voces.

​

Ante a imposibilidade da continuación dos ensaios, a práctica instrumental e vocal e máis os ensaios inclusivos do resto dos temas musicais que formaban parte do programa foron detidos.

​

music.png
bottom of page