Videoclips con pictogramas

Actividades colaborativas en confinamento e a distancia. Alumnado de TICs de Zalaeta crearon videoclips de apoio para os concertos e ensaios inclusivos empregando pictogramas de Arasaac.

Seleccionaron os textos, os pictogramas relacionados coas letras das cancións e editaron os vídeos que difundimos entre os participantes no proxecto e nas redes sociais.

Actividade coordinada polas profesoras de Tics e Música

Os vídeos están publicados na canle de Youtube de Deseño e Son