top of page

Colaboración ONCE

Tras presentar os nosos primeiros deseños de obxectos imprimibles de axuda para personas cegas iniciamos unha colaboración con especialistas da ONCE.

 

Nesta edición asistimos a un obradoiro de formación na súa sede de A Coruña e afondamos nalgunhas das propostas que nos fixeron. 

Presentaremos ás especialistas os novos deseños impresos para a súa valoración e mellora, para despois darlles  difusión e que cheguen a quen os poida aproveitar.

Obradoiro de Formación

IMG_-pab278.jpg

O 6 de marzo 2020 o grupo de alumnado participante no deseño de obxectos imprimibles coñeceu de cerca como sinte unha persona invidente (con gafas que distorsionaban) ante unha revista, ou paseando, foron iniciados en como ser guías e viron materias didácticos para tocar e aprender braille.

anuncio obradoiro
obradoiro en Once
comprobamos como nos afecta a discapacid
Ler con outros ollos
aprendemos como ser guía
Vimos e tocamos materiais adaptados
iniciación ao braille
máquina para escribir braille
20200308204958
probamos materiais táctiles

Planos táctiles para invidentes

Intentamos resolver necesidades das personas con deficiencias visuais e á proposta da ONCE. Queremos facilitar o acceso as instalacións dos colexios de A Coruña a nenos e nenas con deficiencias visuais. Reproducimos os interiores (simplificados) dos seus colexios en relevo en formatos imprimibles en 3d.

Información técnica: Partindo dunha imaxe básica (que parte do plano pero moito mais simplificada) creamos unha imaxe de polígono en formato svg que despois podemos abrir en Freecad para convertir en volumes á semellanza do espazo orixinal.

Alumado de 3º de ESO de IES Zalaeta preparou os planos adaptados para imprimir durante o confinamento. En octubre, con moita ilusión, por fin Celia e Andrea puideron facer a entrega dos planos táctiles resultantes ás especialistas da ONCE.

20201026_121832.jpg
20201026_124800_edited
20201023_160117
Revisión_de__Planta_baja_C_Arenal_
mapas_táctiles
20201025_223038.jpg

Abecedario con Braillle

20200525_173032.jpg

Proposta iniciada desde a Once , que foi evolucionando ata chegar as fichas impresas que foron entregadas para valoración e proba ás especialistas da ONCE e a os seus usuarios.

Tamén tivemos a colaboración de Lucía da Clase Roja que nos fixo comentarios de mellora e de Felo, o seu profe especialista de CEE Lourdes.

Presentan este proxecto Martina, Sara e Hugo de IES Zalaeta.

IMG_20201016_121630.jpg
IMG_20201020_095122.jpg
20201026_154452.jpg
Cc-by-nc_icon.svg.png
20200519_110648.jpg
bottom of page