Musicoterapia e experiencia formativa.
Como novidade este curso, contamos coa colaboración dunha musicoterapeuta que traballará cos alumnos dos CEE en varias sesións para que todos os alumnos participen de forma activa na produción de música.
​
O obxectivo real, o que verdadeiramente importa, é a aprendizaxe que terán durante o camiño, aínda que o obxectivo visible sería - anulado polo inicio do estado de alarma - un concerto inclusivo no que todos e todas participen.
​
Traballarase a psicomotricidade, a creación artística, a produción de son, cadaquén coas súas capacidades, formando parte dun todo.
​
As sesións programadas para marzo-abril tiveron que ser aplazadas para o primeiro trimestre do curso 2020-21. Foron sesións por videoconferencia nas que se traballaron temas musicais do gusto dos rapaces e rapazas.
​
​
​