Obxectivo:

A  fin de normalizar a convivencia e integración social dos mozos e mozas con diversidade funcional, a Asociación Cultural Zalaeta, promove este proxecto con dúas partes:

  • en colaboración coa profesora Isabel de la Puente do  Dpto. de Música do IES Menéndez Pidal, o proxecto de interpretación musical inclusiva “Sons”.

  • en colaboración coa profesora Paz Freire do Dpto de Tecnoloxía os proxectos de Deseño e Impresión 3D de obxectos de axuda e  de Creación de apps “Deseño ”. Participa activamente o Club de Ciencia e Tecnoloxía Zalatecno.

Ambos forman do proxecto de colaboración creativa entre un grupo de alumnado do IES Menéndez Pidal (Zalaeta) e un grupo de alumnado do C.E. E. Ntra Sra de Lourdes - Aspronaga coordinados polos seus profesores Felo Couto e Patricia Freire. Proxecto que continúa nesta terceira edición  coa participación do CEE Elviña- Aspanaes Elviña e coa Fundación ONCE.

Implicamos a toda a comunidade educativa e ao noso entorno con actividades de integración e de  divulgación. 

Alumnado de Música e Tecnoloxía, de diferentes cursos de ESO e Bacharelato do grupo de Zalaeta, elaborarán materiais coas súas profesoras aproveitando as aprendizaxes de aula e completándoas con actividades fora da aula. Os materiais e actividades serán compartidos e divulgados a outros grupos interesados de educadores e usuarios (ou outros colectivos).

Vídeo resumo dos proxectos de Cultura Inclusiva e accesible da Fundación Emalcsa 2018

logo_desenoeSon19revisado.png