Guías visuais con pictogramas
Como introducción ao emprego e edición de documentos con pictogramas o alumnado de TICs de Zalaeta crea documentos con axudas (recetas, instruccións para situacións cotiáns, etc) utilizando os recursos de Arasaac.
Parte de este alumnado participa nos ensaios e concertos inclusivos aos que asisten os grupos de Aspronaga e Aspanaes. O emprego correcto dos pictogramas e a redacción axeitada destes documentos supón visibilizar e coñecer os problemas de comunicación que teñen e aprender a comunicarse con eles de forma más eficaz.
Os documentos se envían para unha primeira revisión aos especialistas de Aspanaes e Aspronaga e posteriormente reciben asesoramento doutras especialistas que os felicitan polos seus logros.
Os documentos quedan á dispoñibilidade de quen as poida considerar de interese, todas descargables desde esta páxina.
Apps con pictogramas
Baseadas nas Guías visuais o alumnado de TICs de Zalaeta programou algunhas Apps sinxelas para Android con App Inventor, Apps que empregan textos simples, pictogramas e voz.
No vídeo Alba, unha das deseñadoras, explica como funciona e como está programada a App de Tareas.