Selección e proposta de axudas
Proposto o tema de axudar a persoas con algunha necesidade específica (nen@s ou adultos con algún tipo de limitación) Investigamos que axudas estaban xa deseñadas e disponibles, por exemplo:
-
en catálogos Tiflotécnicos (da ONCE por exemplo)
-
e en repositorios de pezas imprimibles (como Thingiverse entre outros).
Fixemos unha selección das pezas que nos resultaban mais interesantes e iniciamos o redeseño de pezas que considerabamos podían ser melloradas.
Xurdiron novas propostas tamén.
Compartimos ideas e experiencias có grupo de La Clase Roja de CEE NSra de Lourdes que en cursos pasados nos visitaron e explicaron os seus traballos.
No curso 20-21 ás comunicacións son a través de vídeos, fotos e videoconferencias.
Iniciamos novos deseños baseados nos comentarios dos nosos primeiros deseños e en propostas que vamos recibindo.
Nesta edición seguimos a colaborar coa ONCE e usuarios-as e ademais a Clase Roja con AGAELA (Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica) e en Zalaeta deseñamos axudas para a situación de pandemia.
Creamos prototipos dalgunhas das nosas ideas, outras as redeseñamos para convertilas a formatos imprimibles.
Compartimos os deseños finais en bancos de recursos libres e accesibles (cartafois en drive ou en Thingiverse)
Panel de obxectos de axuda creado polo grupo de CEE NSra de Lourdes
Axudas para protocolos COVID
Tras a colaboración durnate o ano 2020 con Coronavirus Makers na impresión de pantallas e de salvaorellas nos pareceu quepodíamos aportar novos deseños de utilidade para a situación que estamos a vivir.
Para a situación de pandemia en Zalaeta deseñamos obxectos que son axudas para cumplir os protocolos COVID no entorno mais próximo:
-
salvaorellas para facilitar o uso das máscaras,
-
bases para teléfonos ou tabletas para as reunións telemáticas (ou para o tempo de lecer),
-
soportes para mamparas (que temos nas aulas e cedemos para que noutros centros impriman).