A Tecnoloxía no proxecto
A tecnoloxía é unha potente ferramenta de axuda na nosa sociedade que precisa procesos colaborativos, para recoller información no medio, para investigar necesidades, para buscar a forma de solucionalas e para poñelas en práctica.
Concienciar á comunidade educativa (familias, docentes e alumnado) da importancia destes procesos (nos que tod@s podemos aportar), e dos problemas que poderíamos resolver xuntos é unha meta a conseguir.
A colaboración entre o centro de Zalaeta, en concreto desde o Club de Ciencia e Tecnoloxía Zalatecno e o CEE NS Lourdes nace co proxecto Diversidad impresa, có deseño de elementos de axuda imprimibles para persoas xordocegas. Neste proxecto participamos centros educativos, representantes da comunidade xordocega e expertos na impresión 3D, aprendendo uns dos outros.
Con Deseño e Son, xa na terceira edición, ampliamos o proxecto:
-
Colaboramos na selección, deseño e impresión de obxectos que resolvan problemas cotiáns a persoas con necesidades concretas colaborando na creación dun banco de recursos.
-
Deseñamos APPs explicativas e accesibles, Creamos Apps como elementos de axuda, paneis interactivos para facilitar a comunicación e Apps Musicais e Apps da cidade de A Coruña, para que calquera colectivo poida recoñecer elementos da nosa cultura.
-
Xogamos con sons e tecnoloxía nalgúns dos nosos deseños.
Ademais durante o estado de alarma desde ambos centros temos colaboramos con Coronavirus Makers Galicia coa impresión de elementos de protección (pantallas, salvaorellas e abreportas).
Selección e propostas de deseño de obxectos de axuda
Alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bac participa nesta etapa, buscando información sobre algunhas necesidades de personas con discapacidade, personas maiores, bebés ou calqueira colectivo que poida necesitar algunha axuda.
Colaboramos co grupo de CEE de Lourdes que nos visita e mostra a súa propia selección de obxectos de axuda. Compartimos propostas e solucións.
Desde o CEE Elviña e desde a ONCE recibimos propostas para resolver para os seus usuarios.
Na ONCE asistimos a actividades formativas que nos poñen nas personas con discapacidade visual, para entender como afrontar novas propostas de deseño.
Se investigan solucións xa inventadas e se inician as propostas de deseños propios.
Nesta etapa empregamos os ordenadores e internet (para investigar e para representar) e materiais e ferramentas de construcción sinxelos (tesoiras, coitelas, telas, cartón, etc) para elaborar prototipos dos deseños.
Deseño e impresión 3D
Iniciamos o deseño para impresión 3D dalgunhas das propostas nos grupos de 3º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato con Freecad, programa de software libre moi potente que precisa prácticas previas.
Os deseños rematados en Freecad pasan ao programa laminador, empregamos Cura o Prusa Slicer, no que determinamos medidas finais e calidades da impresión.
As impresoras 3D presentan dificultades múltiples, averías, problemas cos materiais, ... obstáculos que compre solventar ata chegar ás impresións finais.
Deseño de Apps e Documentos accesibles
Docentes e alumn@s de TIC crean Apps para Android, con App Inventor , como elementos de axuda á comunicación, introducindo pictogramas e sons.
Crean tamén documentos e materiais audiovisuais con historias sociais, recetas, instruccións e informacións para dar a coñecer á cultura empregando sons e pictogramas.