top of page

Música e protocolo COVID. 

Ensaios singulares

  • Debido á situación de alarma sanitaria, o alumnado dos distintos centros participantes ensaian de xeito illado nas súas aulas e centros respectivos as cancións e os temas instrumentais, en ocasións usando espazos tan inusuais coma laboratorios, patios, ximnasios, etc. para garantir a distancia de seguridade, tan esencial especialmente en actividades de canto. 

  • A pesar de todos os inconvintes, e con todas as medidas precisas....o proxecto continúa a súa marcha!

Creación audiovisual e musical

  • En paralelo, e conxuntamente co alumnado e a docente de de TICs de 1º de Bacharelato, elaboramos  videos con pictogramas dalgunhas cancións do repertorio e que servirán de apoio visual e cognitivo dos participantes dos CEE asociados no proxecto. 

  • A partires de imaxes seleccionadas do proxecto de viveirismo  que está a traballar alumnado do CEE María Mariño, o alumnado de Música de 1º de Bacharelato compón un fondo musical e edita vídeos artísticos unindo música e imaxes. 

IMG_3399.JPG

A difusión: música de tod@s e para tod@s

  • Barallamos  a posibilidade de que o alumnado dos distintos centros celebrase ensaios telemáticos pero ante a falta de medios e posibilidades de sincronización, quedou descartada, por eso usamos as redes sociais e plataformas dixitais para compartir o noso traballo e lograr unha unión, aínda que este curso sexa virtual. 

  • Compartimos materiais didácticos e interpretacións cos CEE participantes a través das redes sociais, na canle de YouTube do proxecto (en distintas listas de reprodución nomeadas para cada actividade) para que todos e todas podamos cantar, practicar percusión corporal e tocar instrumentos e así implicar a todo o alumnado participante, vivindo as mismas experiencias e apoiándonos neste proceso de aprendizaxe mutuo.

bottom of page