top of page
Clase Roja, proxectos e repositorio

A Clase Roja de Felo Couto en CEE Nª Sra de lourdes Aspronga é un grupo recoñecido de Makers,  levan anos aprendendo e mostrando os seus traballos de robótica, impresión 3d, electrónica, etc e gañando premios.

Participan en DESEÑO E SON e en moitos proxectos mais (Cansat, Voz Natura, etc)  e con  asociacións (ONCE, AGAELA, etc)

 

En edicións anteriores de Deseño e Son compartiron actividades presenciais có grupo de Zalaeta (visitas, viaxes, participación en eventos, etc), nesta edición compartimos proxecto por vía telemática, intercambiando ideas, materiais e ganas de seguir facendo.

 

Nos explican nestes vídeos os últimos traballos de impresión 3d: mapas xeográficos táctiles para usuarios de ONCE (en concreto se dirixen a Guille, un rapaz ao que xa lle fixemos chegar outros materiais e que nolo agradeceu con vídeos tamén).

Repositorio stl de
productos de apoio

Este cartafol contén unha selección de arquivos atopados en diferentes repositorios  (en stl) que permiten a súa descarga gratuíta para laminar e imprimir en calquera impresora 3D.

 

A selección de arquivos é unha actividade colaborativa entre docentes e alumnado de CEE NSra de Lourdes.

​

Os obxectos seleccionados se imprimen e proban. Algúns son mellorados posteriormente.

Caja_02.svg.png
qr_recopilacion_stl.jpg
panel de ayudas lourdes_zalaeta.jpg

Nestes outros vídeos o grupo da clase roja, co seu profesor Felo Couto, explican o seu traballo de obxectos de axuda. Desde unha das ferias de tecnoloxía nas que participamos (a Open Science Cambre 19 neste caso) e desde a súa aula Maker en CEE Nª Sra de Lourdes (Aspronaga) en A Coruña.

bottom of page