Antecedentes

O interese no contacto do alumnado coa natureza e a mellora da contorna é un tema recurrente en varios dos proxectos emprendidos no IES Menéndez Pidal.

Nos últimos cursos  un bancal de matoxos se transformou nun horto no que traballan personal do centro e alumnado coa axuda da Fundación Paideia, o patio ten varias zonas axardinadas e nas paredes interiores e exteriores locen bonitos murais (un deles pintado pola Escuela Pablo Picasso en recordo de Isabel Zendal, retora do Hospicio que había no mesmo lugar no que agora está o instituto).

 

Contribuíron a estes cambios as participacións nas edicións de Voz Natura, as subvencións do Concello da Coruña, as actividades do Club de Ciencia e os proxectos de formación de profesorado financiados pola Consellería de Educación.

Proxectos con contidos transversais que integraban literatura, arte e natureza en varias edicións: 

 

Todas as actividades relacionadas con este tema foron promovidas e coordinadas por Antonio Frade, vicepresidente da Asociación cultural Zalaeta e docente do centro. Colabora neste curso ademais Andrés Vázquez, docente do dpto de Bioloxía no centro. 

Horto Paideia
Mural Isabel Zendal
Axardinamento do aparcadoiro
Literatura e horto
textolit

O posibilidade de colaboración có CEE María Mariño que se inicia nesta edición do proxecto Deseño e Son abre moitas portas en Zalaeta, contaremos con axuda de profesionais e futuro personal de Xardineiría e viveirismo por primeira vez. Coordinará  esta parte Guillermo Gil Docampo, enxeñeiro de Montes, docente no Programa Formativo de Formación Profesional Básica.

Abrimos outro apartado no proxecto có deseño de xardíns e de novas árbores, buscando ademais conexións entre tecnoloxías e cultura  e propoñendo novas actividades.

CEEMM-.png

 

Preténdese:

 

- Implantar  no  IES MENÉNDEZ PIDAL unha colección de pequenos froitos (arandos, grosellas...) e froiteiras tradicionais galegas nas zonas de xardín e hortos, seleccionando o patrón máis adecuado en función da localización elixida.

 

- Intercambiar material vexetal ca colección do CEE MARÍA MARIÑO a fin de enriquecer ambas coleccións botánicas

 

- Que o alumnado de ambos centros faga  prácticas de enxerta, esgallo, repicado...

Contribuirase a :

 

- Reducir a brecha campo-cidade, recuperando os coñecementos de xestión agraria tradicional do entorno, con todo o seu contido cultural, etnográfico, social, ecolóxico...

 

- Divulgar o concepto de “bosque e xardín comestible”, cuxa produción non so se destina aos propietarios senón para tamén para o mantemento da fauna silvestre.

 

- Divulgar a idea da rendibilidade económica  de estas actividades, as veces solo simbólica, para decatarse de que a ecoloxía pode e ten que autofinanciarse, sen depender de subvencións que pode haber ou non: “non hai ecoloxía sen economía”.

 

- Xestionar correctamente unha parcela (gandeiría-forestal-agrícola-froiteiro) tamén é ecoloxía, ademais da reciclaxe, aforrar auga na ducha e outras actividades que soamente poden facerse en ámbitos urbáns...

O Proxecto de colaboración
DSC00714.JPG
20201215_101853.jpg