Proceso de traballo

1. Selección dos temas a interpretar.

2. Ensaios:

  • Práctica das pezas instrumentais con e sen fondo sonoro (no laboratorio de física, nunha improvisada aula de música) alumnado de 4º de ESO do IES Zalaeta.

  • Ensaios do alumnado do CEE Mª Mariño acompañados pola súa profesora de música á guitarra.

  • Práctica de percusión corporal e pequeña percusión do alumnado do CEE María Mariño sobre as gravacións instrumentais do alumnado de Zalaeta.

3. a. Gravación dos ensaios, as cancións e os  temas en vídeo e audio.

3. b.  Composición de temas musicais que sirvan de fondo sonoro de productos multimedia que inclúan imaxes dos diferentes campos do proxecto Deseño e Son.

software mus.jpg

4. Edición de videos musicais:

  • Creación de material audiovisual didáctico para a súa utilización nos CEE participantes (videos con pictogramas, con apoios visualis para facer rítmica, etc.)

  • Creación de productos multimedia que aúnen ideas, conceptos e interpretacións e composicións  musicais de todo o alumnado participante para a súa  difusión do mesmo por medios dixitais.  

 

5. Difusión:

  • Subida do mateiral sonoro e audiovisual a YouTube, redes sociais e plataformas dixitais educativas.